Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Luns, 21 de abril de 2003 Páx. 4.991

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se ordena a paralización de varios ascensores sen portas en cabina.

Examinados os expedientes tramitados como consecuencia das deficiencias observadas nos ascensores relacionados na lista anexa.

Feitos.

Que tentada a notificación ós titulares das instalacións, no seu último domicilio coñecido, da existencia dunha irregularidade nos anteriormente mencionados aparatos elevadores, sinalándose expresamente que carecen de portas en cabina, co obxecto de formular alegacións, esta non foi posible.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), fíxose pública notificación da iniciación dos expedientes no DOG nº 247, do 24 de decembro de 2001, así mesmo, publicouse nos taboleiros de anuncios dos respectivos concellos do último domicilio coñecido do titular durante o período regulamentario.

Non foi recibida ningunha alegación que paralice o procedemento, malia o tempo transcorrido.

Que se lles testou notificar esta resolución ós interesados por correo con xustificante de recepción, non sendo isto posible.

Fundamentos de dereito.

Que a orde da Consellería de Industria e Comercio do 6 de xullo de 1993 (DOG nº 143, do 28 de xullo) establece a obrigatoriedade de instalar portas en cabina, en tódolos ascensores que carezan delas, establecendo un prazo para se adaptar esta esixencia, que rematou o 29 de xullo de 1997, e tendo en

conta que é competencia desta delegación a esixencia do cumprimento da orde citada anteriormente.

RESOLVO:

Ordena-la paralización dos aparellos elevadores que se relacionan na seguinte lista anexa mentres non se corrixan as causas que motivaron esta suspensión.

Dar conta desta resolución ás casas mantedoras para que executen esta paralización.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñer no prazo dun mes desde a súa publicación no DOG, recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio, de conformidade co establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 31 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Nº RAE: 1712.

Titular: Propietarios, Alquileres y Administración Pala, S.A.

Enderezo titular: avda. de Madrid, 18, edificio Laybe, Sanxenxo.

Enderezo instalación: avda. de Madrid, 18, edificio Laybe, Sanxenxo.

Empresa mantedora: Zardoya-Otis.

Nº RAE: 1985.

Titular: Herederos de Salvador García Cuenca, C.B.

Enderezo titular: Gran Vía, 108-7 K, Vigo.

Enderezo instalación: Areal, 16, Vigo.

Empresa mantedora: Schindler.