Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

AXENCIA TRIBUTARIA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, da Dependencia Rexional de Inspección de Galicia, pola que se delegan as competencias para dicta-los actos de liquidación e imposición de sancións a que se refire o epígrafe cinco.4.2.3.C da Resolución do 24 de marzo de 1992, da Axencia Estatal de Administración Tributaria, sobre organización e atribución de funcións á Inspección dos Tributos no ámbito da competencia do departamento de Inspección Financeira e Tributaria.

A Resolución do 20 de marzo de 2003, do presidente da Axencia Estatal de Administración Tributaria, pola que se modifica a Resolución do 24 de marzo de 1992, sobre organización e atribución de funcións á Inspección dos Tributos no ámbito da competencia do departamento de Inspección Financeira e Tributaria, establece un novo marco de organización e atribución de funcións dos órganos territoriais da Inspección dos Tributos. Así, unha das modificacións introducidas determina que as unidades reguladas no anterior epígrafe sete.3 da Resolución do 24 de marzo de 1992, constituídas no seo das dependencias de Inspección, ó desapareceren estas, pasan a intergrarse na área de inspección das dependencias rexionais, de acordo co disposto no actual epígrafe cinco.4.2.3.C.

Como consecuencia dos cambios introducidos, cómpre dictar novos acordos de delegación de competencias do inspector-xefe ó inspector que dirixe cada unha das unidades reguladas no epígrafe cinco.4.2.3.C. da Resolución do 24 de marzo de 1992, en cumprimento do establecido nel e no punto sexto da Instrucción 2/1999, do director xeral da AEAT, do 15 de xullo, para a creación e o funcionamento destas unidades de Inspección.

A delegación de competencias que contén esta resolución non alcanzará os actos de liquidación e imposición de sancións que se deriven de actuacións desenvolvidas directamente polo inspector que dirixa estas unidades, xa sexa por tratarse de actuacións en que se superen os límites sinalados no epígrafe cinco.4.2.3.C da Resolución do 24 de marzo de 1992, xa sexa porque se refiran a contribuíntes asignados a aquel directamente.

Na súa virtude, DISPOÑO:

Único.-Delega-las competencias atribuídas ó inspector xefe polos artigos 60 e 63 bis do Regulamento xeral de inspección dos tributos, para dicta-los actos de liquidación e imposición de sancións que procedan como consecuencia das actuacións realizadas polos membros das dúas unidades de Inspección reguladas no epígrafe cinco.4.2.3.C da Resolución do 24 de marzo de 1992, existentes na Dependencia Rexional de Inspección de Galicia, no inspector

coordinador de unidade que teña atribuída a dirección efectiva de cada unha delas.

A Coruña, 31 de marzo de 2003.

Dolores Sánchez Rodríguez

Inspectora rexional de Galicia

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA