Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.894

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003 pola que se fai público o volume global de contratos de arrendamento financeiro que se van subsidiar e o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas, ó amparo do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas, mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, para o ano 2003.

O convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas, mediante contratos de arrendamento financeiro, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica e as entidades financeiras, publicado mediante Resolución do 2 de abril de 2002 (DOG nº 72, do 15 de abril), prevé a publicación no Diario Oficial de Galicia para o ano 2003 do volume de contratos de arrendamento financeiro que se van subsidiar e o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas así como as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento.

Con data do 27 de decembro de 2002 o Parlamento de Galicia aprobou os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003, publicados mediante a Lei 6/2002 (DOG nº 251, do 30 de decembro de 2003).

Polo que antecede,

RESOLVO:

Facer pública a contía máxima total de contratos de arrendamento financeiro que se van subsidiar, o límite de crédito dispoñible para a concesión de axudas e as partidas orzamentarias asignadas ó seu financiamento, que figuran como anexo, que se derivan da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica

ANEXO

Para o ano 2003, a contía máxima de contratos de arrendamento financeiro que se van subsidiar non poderá supera-lo importe de 36.060.726,25 euros e as axudas financiaranse con cargo á aplicación orzamentaria 02.01.01/01/08.656700 cun crédito plurianual (2003-2008) de 2.062.694,25 euros.