Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.895

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de vixilancia pesqueira, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 29 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 238, do 11 de decembro), pola que se anulan preguntas do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test.

Vistas as reclamacións correspondentes ó cuestionario do primeiro exercicio, tipo test, da fase de oposición do proceso selectivo mencionado, tanto da quenda de promoción interna como de acceso libre, o tribunal, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 9 de abril de 2003, adoptou, entre outros, os seguintes acordos:

Primeiro.-Declarar nulas e ter como non postas as preguntas nº 16, 29 e 54 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test, da quenda de promoción interna.

Segundo.-Declarar nulas e ter como non postas as preguntas nº 19 e 35 do cuestionario correspon

dente ó primeiro exercicio, tipo test, da quenda de acceso libre.

Terceiro.-Desestima-las reclamacións relativas ás preguntas 38 e 58 da quenda de promoción interna e ás preguntas 9, 38 e 49 da quenda de acceso libre.

Santiago de Compostela, 9 de abril de 2003.

José R. Díaz Presedo

Presidente do tribunal