Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.865

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 15 de abril de 2003 pola que se determinan as zonas que deixan de percibi-las indemnizacións establecidas na Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido ós vertidos do Prestige.

A prohibición da actividade pesqueira e marisqueria regulada, nun primeiro momento, pola reso

lución do conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos do 16 de novembro de 2002, fixo preciso adoptar de xeito inmediato medidas que compensaran os vendedores retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se abastecian nas lonxas situadas nas zonas de prohibición pesqueira.

Para estes efectos, a Consellería de Innovación, Industria e Comercio publicou a Orde do 30 de decembro de 2002, modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2003, pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido ós vertidos do Prestige. Así, desde o día 1 de decembro de 2002 estánselles aboando ós afectados unha cantidade de 35 euros por cada día de inactividade.

A favorable evolución da situación e a apertura da actividade pesqueira e marisqueira en determinadas zonas permitiu a volta á normalidade das lonxas situadas nas zonas antes afectadas.

Tendo en conta as distintas resolucións dictadas pola Conselleria de Pesca e Asuntos Marítimos e o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, que abriron a actividade pesqueira e marisqueira en determinadas zonas afectadas polo accidente do buque Prestige,

DISPOÑO:

Artigo único.-Finalización das indemnizacións.

Tódolos beneficiarios establecidos no artigo 1 da Orde do 30 de decembro de 2002, pola que se establecen indemnizacións polo cesamento total da actividade de retallistas e vendedores ambulantes de peixe e marisco que se subministren integramente en lonxas pechadas por decisións administrativas debido ós vertidos do Prestige (DOG nº 252, do 31 de decembro de 2002), modificada pola Orde do 15 de xaneiro de 2003 (DOG nº 10, do 16 de enero), que se subministren nalgunha das lonxas situadas na zona comprendida entre o concello da Coruña e o concello de Cedeira, deixarán de percibi-las indemnizacións establecidas na orde anteriormente citada transcorridos sete días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Consellerio de Innovación, Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO