O Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 20 de marzo de 2003 adoptou, por proposta do conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, o seguinte acordo:
«Declarar festa de Galicia de interese turístico na provincia de Pontevedra as festas patronais de San Telmo de Tui, de conformidade co establecido no Decreto 39/2001, do 1 de febreiro, de refundición en materia de Consello Galego de Turismo, declaración de municipio turístico galego e declaracións de festas de Galicia de interese turístico».
En cumprimento do disposto no artigo 28 do devandito decreto ordénase a publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e a notificación ás persoas ou entidades organizadoras da festa e ó concello correspondente.
Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2003.
Jesús Pérez Varela
Conselleiro de Cultura, Comunicación Social
e Turismo
CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN
LOCAL