Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 75 Mércores, 16 de abril de 2003 Páx. 4.861

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa, pola que se publica a concesión dos premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2001/2002 convocados pola Orde do 29 de xaneiro de 2003.

A Orde do 29 de xaneiro de 2003 (DOG do 21 de febreiro), pola que se convocaban os premios extraordinarios de formación profesional correspondentes ó curso 2001/2002, establecía no seu artigo sétimo 5 que, de acordo coa proposta feita polo tribunal, o director xeral de Centros e Ordenación Educativa concedería os premios extraordinarios de formación profesional.

Unha vez realizada valoración polo tribunal de selección, publicada a acta provisional coas puntuacións obtidas polos candidatos e unha vez resoltas as reclamacións presentadas e vista a acta coa proposta definitiva de adxudicación dos premios extraordinarios, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Concedérlle-los premios extraordinarios de formación profesional, correspondentes ó curso 2001-2002, ós alumnos que figuran no anexo a esta resolución.

Segundo.-Esta resolución pódese recorrer, mediante recurso de alzada ante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación dela no Diario Oficial de Galicia, conforme o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 2003.

Alberto González Armesto

Director xeral de Centros e Ordenación Educativa

ANEXO

Apelidos e nomeFamilia/ramaCiclo/especialidadeCentro educativo

Pacios López, JavierActividades físicas e deportivasAnimación de actividades físicas e deportivasIES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Lugo

Cruz Rodríguez, MartaAdministraciónAdministración e finanzasIES Lauro Olmo. O Barco. Ourense

Rojo Martínez, VanessaAdministrativa e comercial FP2AdministrativaIES Terra de Soneira. Vimianzo. A Coruña

Apelidos e nomeFamilia/ramaCiclo/especialidadeCentro educativo

Pérez Comesaña, Emilio JoséComercio e márketingComercio internacionalIES A Guía. Vigo. Pontevedra

García López, Fernando ÓscarEdificación e obra civilDesenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficasIES As Fontiñas. Santiago de Compostela. A Coruña

Vilariño García, José LuísElectricidade e electrónicaDesenvolvemento de productos electrónicosIES Marqués de Suances. Ferrol. A Coruña

Cayón García, AndrésHostalería e turismoRestauraciónIES de Foz. Foz. Lugo

Lamela Valdomar, IvánInformáticaDesenvolvemento e aplicacións informáticasIES Fernando Wirtz. A Coruña

López Rodríguez, AliciaMantemento de servicios á producciónMantemento de equipo industrialIES Cedeira. Cedeira. A Coruña

Miranda Muíño, YésicaModa e confecciónConfección industrial pezas de roupa exterioresIES nº 1. Ordes. A Coruña

Castro González, Mª InésQuímicaQuímica ambientalIES Concepción Arenal. Ferrol. A Coruña

Paz Bouza, BeatrizQuímica FP2Análises e procedementos básicosIES Leixa. Ferrol. A Coruña

Vázquez Díaz, Mª JosefinaSanidadeSaúde ambientalIES Francisco Daviña Rey. Monforte de Lemos. Lugo

Novo Taboada, SergioSanitaria FP2LaboratorioIES Ánxel Casal-Monte Alto. A Coruña

López Nogueira, LucíaServicios socioculturais e á comunidadeAnimación socioculturalIES Primeiro de Marzo. Baiona. Pontevedra