Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por decreto da alcaldía do 3 de abril de 2003 o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares-técnicas que rexerán o concurso para adxudica-las obras de pavimentación da saída pola rúa Fernández Albor (Outeiros), que se expoñen ó público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións por quen se considere interesado.

Simultaneamente anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reló, 1, 36780. Teléfono: 986 61 00 00. Fax: 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adxudica-las obras de pavimentación da saída pola rúa Fernández Albor (Outeiros).

Tipo de licitación.

Setenta e tres mil seiscentos vinte euros con noventa e catro céntimos (73.620,94 euros), IVE incluído.

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto urxente.

Garantías.

Provisoria: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horario de 9 a 13 horas, excepto sábados e festivos e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG en horas de nove a trece e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas-técnicas. Se o último día de presentación de ofertas forma inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura de proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

Gastos de anuncios.

A cargo do adxudicatario.

A Guarda, 3 de abril de 2003.

José Luis Alonso Riego

Alcalde