Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

EDICTO.

Por acordo plenario do 30 de xaneiro de 2003 aprobouse a proposta de apertura dun prazo de tres meses de recibimento de proposicións por calquera importe económico sobre a venda do inmoble de propiedade municipal situado na estrada de Castela nº 401 dedicado na actualidade a Hostal Cafetería Magallanes, transcorrido o dito prazo de tres meses anunciarase unha nova poxa sobre a base da mellor oferta presentada.

Ferrol, 10 de febreiro de 2003.

Xaime Bello Costa

Alcalde