Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria celebrada o día 27 de febreiro, acordou aprobar definitivamente o proxecto de ordenación do medio rural de Leiro, redactado por Arquipo, S.L.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sinalando que contra o dito acordo poderán interpoñerse os seguintes recursos:

-Recurso potestativo de reposición, perante o órgano que dictou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó do recibo da notificación desta resolución, ou da publicación da norma xeral no BOP e o extracto no DOG.

-Recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte á data en que reciba a notificación, ou da publicación da norma xeral no BOP e o extracto no DOG.

Contra a resolución expresa do recurso potestativo de reposición pódese interpoñe-lo contencioso-administrativo diante do xulgado que corresponda do contencioso-administrativo, consonte co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción C.A. no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da notificación, ou da publicación da norma xeral no BOP e o extracto no DOG.

Leiro, 4 de abril de 2003.

Francisco José Fernández Pérez

Alcalde

C0NCELLO DE MURAS