Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 4 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifican resolucións de expedientes sancionadores incoados por infraccións administrativas na orde social (571/1998 e un máis).

Intentada a notificación persoal e devoltas polo servicio de correos ó resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por esta cédula notifícaselles ás empresas que se relacionan as resolucións na orde social correspondente.

Empresa: Piedra, Granito Colocación, S.L.

Domicilio-localidade: Benito Corbal, 14-4º C, Pontevedra.

Número expediente: 571/1998 970/1998 (AI).

Data resolución delegación provincial: 5-2-2003.

Preceptos infrinxidos: artigos 193, 197, 198, 205, 210 e 240 da Ordenanza Laboral da Construcción, artigos 3 e 4 do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 9 do R.D. 773/1997, do 30 de maio.

Preceptos sancionadores: artigos 45, 47.16.f) e 49 da Lei 31/1995, do 8 de novembro.

Resolución: multa de 9.015,18 euros.

Empresa: Eurocontratas del Salnés, S.L.

Domicilio-localidade: Ousensa-Caleiro, 20, Vilanova de Arousa.

Número expediente: 548/2002 1264/2002 (AI).

Data resolución delegación provincial: 5-2-2003.

Preceptos infrinxidos: artigo 3.a), parte C, anexo IV, en relación co artigo 11.1.c) do R.D. 1627/1997, do 24 de outubro.

Preceptos sancionadores: artigos 5.2, 12.16.f), 39.3.a) e c) e 40 do R.D. lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

Resolución: multa de 1.502,54 euros.

Fáiselles saber ós interesados que poden formular recurso de alzada perante a directora xeral de Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro, advírteselles que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberán aboa-la multa imposta nunha das seguintes contas:

-Caixa Galicia, cta. Contable 840. Código 001.

-Caixanova Recaudación Xunta: modelo XTAX.

Xa que, noutro caso, se incoará o procedemento de constrinximento ante a delegación de facenda correspondente.

Vigo, 4 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Vigo