Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.834

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Sectorial de Fontanería, Calefaccións e Afíns-Asefoca.

De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial, foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Sectorial de Fontanería, Calefacción e Afíns-Asefoca, que abranguen os seguintes ámbitos.

Territorial: Provincia de Pontevedra.

Profesional: autónomos-empresas que estean dados de alta no sector da fontanería, da calefacción e actividades afíns.

Asinan a acta de constitución: Germán García Bugallo e outros.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

Vigo, 26 de marzo de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra