Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a notificación do acordo de caducidade e de iniciación de expediente sancionador por infracción en materia de xogo LU 6/2003.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ós que non se lles puido facer por correo certificado, o acordo de caducidade e de iniciación dictado nos expedientes de sanción por infraccións en materia de xogo; o seu número cítase a seguir:

Nome: Javier Álvarez López.

DNI/CIF: 33810169-P.

Nº expediente: LU-6/2003.

Precepto infrinxido: 29-i) Lei 14/1985.

Último domicilio: estrada N-VI, km 463, Becerreá (Lugo).

Sanción: ata 18.000 euros.

Desígnase instructor do expediente ó xefe da Sección de Xustiza, Administración Local e Xogo, Miguel Pazos González, e secretario á xefa de Negociado Lourdes Pardo Valdés, que poden ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, de darse algún suposto dos que determina o artigo 29 da Lei 30/1992.

O interesado disporá dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poder examina-lo expediente no Servicio de Xustiza, Administración Local e Interior

desta delegación provincial, e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou probas considere convenientes en defensa dos seus dereitos, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, tal como establece o artigo 13 d) do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo R.D. 1398/1993, do 4 de agosto.

No caso de que decida non efectuar alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado como proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do R.D. 1398/1993, de 4 de agosto, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

Será competente para acorda-la iniciación e resolve-lo procedemento sancionador o director xeral de Interior e Protección Civil, en virtude do disposto no artigo 32.1º a) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, modificada pola Lei 3/2002, do 29 de abril, cando a sanción consista nunha multa de ata 60.000 euros.

Lugo, 9 de abril de 2003.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo