Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.829

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil, pola que se notifican as resolucións dos expedientes sancionadores en materia de xogo C-19 e C-20/2002.

Intentadas as notificacións directas ás empresas operadoras e ós titulares dos establecementos, en relación cos expedientes sancionadores en materia de xogo, que se relacionan na folla anexa, e ó non poder efectuarse, esta dirección xeral, resolve ó abeiro do previsto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo

común, proceder á notificación da dita resolución mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra as presentes resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Administración Local, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De non presentar recursos no devandito prazo, a sanción devirá firme en vía administrativa, debendo aboa-lo importe da multa por transferencia bancaria no período voluntario sinalado no boletín de multas e sancións á súa disposición nas dependencias das delegacións provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, a favor do Tesouro da Facenda, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, facendo consta-lo número de expediente sancionador. De non efectua-lo pagamento dentro do prazo establecido, procederase á súa execución por vía de constrinximento, nos termos previstos na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 235, do 5 de decembro).

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2003.

José Benito Suárez Costa

Director xeral de Interior e Protección Civil

Exp.

Empresa operadora/titular

Enderezo

CIF/NIF

Data

resolución

Tipificación

Importe

Establecemento

c/c para ingresar

Precepto infrinxido

C-19/2002José Reguero LópezLugar de Castenda-Pobanza

15683 Tordoia (A Coruña)

76346829-P18-9-2002Moi grave6.010,13 APub Milenium

Avd. de Vilaboa, nº 73

Culleredo (A Coruña)

390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Art. 29 g) da

Lei 14/1985

C-20/2002José Reguero LópezLugar de Castenda-Pobanza

15683 Tordoia (A Coruña)

76346829-P18-9-2002Moi grave6.010,13 AClub Pon Pon

r/ O Gas, nº 27

Vimianzo (A Coruña)

390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Art. 29 g) da

Lei 14/1985

C-20/2002Fatna AkadilAvda. de Fisterra, 4-6, 4º esq.

15100 Carballo (A Coruña)

X-12980-T19-9-2002Grave601,02 AClub Pon Pon

r/ O Gas, nº 27

Vimianzo (A Coruña)

390049

Caixa Nova ou Caixa Galicia

Art. 29 i) da

Lei 14/1985