Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.828

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

RESOLUCIÓN do 21 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro, pola que se anuncia a licitación, por concurso aberto, dun contrato de servicios.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

c) Número de expediente: 2003-12-00095.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio técnico dunha tripulación composta por un patrón e un mariñeiro para manexa-la embarcación de apoio nas prácticas no mar do Igafa da Illa de Arousa.

b) División por lotes e número: non hai lotes.

c) Lugar de execución: segundo o prego de prescricións técnicas.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: 58.561 euros.

-Ano 2003: 23.424 euros.

-Ano 2004: 35.137 euros.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Innovación e Desenvolvemento Pesqueiro. Subdirección Xeral de Xestión e Investigación Mariña.

b) Enderezo: rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

d) Teléfono: 981 54 61 52.

e) Fax: 981 54 61 38.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista. Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os indicados na folla de especificacións.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

-Entidade: rexistro xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Prazo durante o que o licitador se obriga a mante-la súa oferta: ata a adxudicación.

e) Admisión de variantes: segundo a folla de especificacións.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o sétimo día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións. Se ese día coincidise en sábado ou

festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

e) Hora: 11.30.

10. Os gastos de publicación dos distintos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

11. Páxina web onde se poden obte-los pregos.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2322.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2003.

Rosa Mª Quintana Carballo

Directora xeral de Innovación e Desenvolvemento

Pesqueiro

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL