Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/458-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: M. Valladares, 23-2º, 36201 Vigo.

Denominación: reforma L.M.T. Xeral Salvaterra-Salceda e L.M.T. Salvaterra-O Casal.

Situación: Concello de Salvaterra de Miño.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, con conductor R.H.V., en dous tramos: tramo I: Xeral Salvaterra-Salceda, de 975 m de lonxitude, desde a L.M.T. na rúa Dous ata a torre metálica C/4500/22 da L.M.T. Salvaterra-Salceda. Tramo II: Xeral Salvaterra-O Casal-Alxén, de 283 m de lonxitude, desde

unha arqueta existente na rúa Dous ata o apoio existente na avda. de Ponteareas. Concello de Salvaterra de Miño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 10 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra