Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/20-2, 6007 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello de Trabada.

Domicilio social: Campo da Igrexa, s/n, 27765 Trabada.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. para depuradora en Trabada.

Situación: Trabada.

Descricións técnicas: -L.M.T.A. a 20 kV con 1.135 m de lonxitude, conductor tipo LA-56, con orixe en L.M.T. existente a C.T. Xuga e final en C.T.I. depuradora.-C.T.I. de 100 kVA de potencia e relación de transformación de 20.000/380-220 V.-R.B.T.A. con 50 m de lonxitude, conductor tipo R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 24 de febreiro de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo