Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.821

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/5-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra Alto Miño, S.A.

Domicilio social: Marqués de Valladares, 23-2º, 36000 Vigo.

Denominación: C.T. e L.M.T.S. en edificio Girasol.

Situación: Concello de Salceda de Caselas.

Descricións técnicas: C.T. de 400 kVA, R/T 20 kV-230/420 V, con L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 209 m de lonxitude, desde o C.T. existente no edif. Sol da rúa José Antonio, ata o C.T. que se proxecta no edif. Girasol na rúa Pedra, en Salceda de Caselas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra