Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ANUNCIO do 14 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Urbanismo, polo que se somete a información pública o proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea.

En cumprimento do disposto nos artigos 25 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, e 13 do Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial do parque empresarial de Castro de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei (Lugo), polo prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Durante o dito prazo calquera persoa poderá examinalo, en horario de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Urbanismo sitas nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en San Caetano, en Santiago de Compostela, e presentar ante esta consellería as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2003.

Martín Fernández Prado

Director xeral de Urbanismo.