Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.820

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, do Servicio Provincial de Estradas da Coruña, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto: construcción do acceso ó parque empresarial da Laracha. (Clave: AC/02/230.6). Concello da Laracha.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia, establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras citadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data 10 de xaneiro de 2003, procédese a aprobación do proxecto de construcción das obras: proxecto de construcción do acceso ó parque empresarial da Laracha. Clave: AC/02/230.06. Termo municipal da Laracha polo director xeral de Obras Públicas por delegación do conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

Con data 6 de febreiro de 2003, a Xunta de Galicia, procedeu a declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 172/2003, publicado no DOG nº 41, de data 27 de febreiro de 2003.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convocar ós titulares de bens e dereitos afectados, para que comparezan no lugar, a data e a hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízos de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa do Concello da Laracha.

Día: 12 de maio de 2003.

Horario: de 10 horas a 13 horas.

De: Caamaño Cotelo, Jesús.

A: Viña Crespo, Esther.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello da Laracha e no

Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (plaza de Luis Seoane, s/n, 8ª planta) 15071 A Coruña.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia da Coruña, as alegacións que estimen pertinentes co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

A Coruña, 3 de abril de 2003.

José Luis Rodríguez Alonso

Enxeñeiro xefe