Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.808

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de marzo de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2003.

Visto o texto para a revisión salarial do convenio colectivo do sector de residencias privadas da ter

ceira idade da Comunidade Autónoma de Galicia, que se subscribiu con data do 6 de febreiro de 2003, pola comisión paritaria do dito convenio, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición da devandita revisión salarial no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

A comisión paritaria do convenio colectivo do sector de residencias privadas da terceira idade, na reunión que tivo lugar o 6 de febreiro de 2003, acordou o seguinte:

Punto 1º.-Revisión salarial para 2003.

Os representantes da parte social propoñen aplica-la revisión salarial prevista no texto do convenio de acordo co IPC galego, que é do 4,3%.

A representación patronal está de acordo en aplica-lo IPC español de ámbito estatal do 4%.

Acórdase por unanimidade unha suba do 4% correspondente ó IPC.

Xúntanse como anexo as novas táboas salariais.

Táboas salariais convenio residencias

terceira idade 2003

CategoríaAno 2002Ano 2003 4%

Administrador/a1.166,83 A1.213,50 A
Xerente/director/a1.166,83 A1.213,50 A
Médico972,35 A1.011,25 A
T. superior972,35 A1.011,25 A
Superv.777,87 A808,98 A
ATS/DUE777,87 A808,98 A
Asist. social777,87 A808,98 A
Fisioterapeuta777,87 A808,98 A
Terapeuta ocupac.777,87 A808,98 A
Titulado/a medio777,87 A808,98 A
Gobernante/a626,19 A651,24 A
Of. mantemento626,19 A651,24 A
Of. administrativo626,19 A651,24 A
Conductor/a626,19 A651,24 A
Xardineiro/a626,19 A651,24 A
Xerocultor/a626,19 A651,24 A
Cociñeiro/a614,52 A639,10 A
Aux. mantemento614,52 A639,10 A
Aux. administrativo614,52 A639,10 A
Camareiro/a de planta614,52 A639,10 A
Animador/a sociocult.614,52 A639,10 A
Porteiro/a recepc.614,52 A639,10 A
Lavad./pasador de ferro570,38 A593,20 A

CategoríaAno 2002Ano 2003 4%

Limpador/a570,38 A593,20 A
Persoal non cualif.570,38 A593,20 A
Complemento de transporte38,89 A40,45 A