Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Martes, 15 de abril de 2003 Páx. 4.808

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se lles dá publicidade ós acordos acadados pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A.

En cumprimento do artigo 2 e) do Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, faise público o acordo acadado o 30 de xaneiro de 2003, pola comisión mixta paritaria do convenio colectivo Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionarias da Xunta de Galicia, S.A., relativo ás táboas salariais e de complementos para o ano 2002.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do dito acordo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais

Acordo da comisión mixta empresa-delegados de persoal pola cal se aproban as táboas salariais e de complementos definitivas para o exercicio 2002.

En virtude da vixente redacción dos artigos 19 e 20 do covenio colectivo de ámbito interprovincial 1999-2002 de Autoestradas de Galicia, Autopistas de Galicia, Concesionaria da Xunta de Galicia, S.A., recoñecéndose mutuamente capacidade e lexitimación suficiente derivada dos poderes ou mandatos outorgados a cada unha das partes para tal efecto, que máis abaixo se relacionan, e reunidos en sesión ordinaria do 30 de xaneiro de 2003, deciden aprobar por unanimidade os seguintes acordos:

Artigo único.-Unha vez publicado polo Instituto Nacional de Estatística o IPC correspondente ó período decembro 2001-decembro 2002, as táboas salariais e de complemento nocturno vixentes con efectos do 1 de xaneiro de 2002 durante todo o exercicio 2002, actualízanse nos valores e importes seguintes:

2002

Soldada base

Complemento

traballo a

quendas

Complemento

transporte

Complemento

vehículo

Quebranto

de moeda

Total

TGS12.912,640,001.082,060,000,0013.994,69

TGM12.587,180,001.082,060,000,0013.669,24

Xefe sección12.261,720,001.082,060,000,0013.343,78

Of. adm 1ª11.285,350,001.082,060,000,0012.367,40

Of. adm 2ª10.959,890,001.082,060,000,0012.041,95

Aux. adm.10.094,170,001.082,060,000,0011.176,23

Xefe servicio12.191,420,001.082,0670,300,0013.343,78

Xefe peaxe11.865,960,001.082,0670,300,0013.018,32

Xefe quenda9.707,341.182,251.082,0670,300,0012.041,95

Peaxista7.759,571.182,251.082,0670,301.082,0611.176,24

Enc. manten.12.191,420,001.082,0670,300,0013.343,78

Xefe equipo10.564,130,001.082,0670,300,0011.716,49

Táboa complemento nocturno 2002

Complemento nocturno

Comp. horas traballadasImporte mensual euros

0-10 5,99
11-2015,88
21-3025,78
31-4035,67
41-5045,56
5055,46