Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de corrección de erro.

A Comisión de Goberno, na súa sesión do 17 de marzo de 2003, acordou rectificar, ó abeiro do previsto no artigo 105 da Lei de réxime xurídico das administraciones públicas e do procedemento administrativo común, os erros aritméticos padecidos ó calcula-la cantidade para percibir polo concello en concepto de exceso de aproveitamento de sistemas xerais no proxecto de compensación do polígono 2 do solo urbanizable non programado número 28 (SUNP-28) da Barcia aprobado definitivamente con data do 9 de decembro de 2002, promovido pola Xunta de Compensación.

Contra o citado acordo poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio; alternativamente, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Comisión de Goberno do concello no prazo dun mes, contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2003.

Xosé A. Sánchez Bugallo

Alcalde