Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación dos servicios de publicación dos manuais dos cursos de coidado de nenos e coidado de persoas maiores impartidos dentro do programa formativo do Proxecto Inserta con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 03/3004 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: servicios de publicación dos manuais dos cursos de coidado de nenos e coidado de persoas maiores impartidos dentro do programa formativo do Proxecto Inserta.

Lugar de execución: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: 31 de maio de 2003.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación urxente.

Orzamento: 32.000 euros.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas, dentro do prazo de 8 días naturais contados desde o seguinteó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 7 de abril de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña