Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CATOIRA

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación do planeamento urbanístico.

En sesión que tivo lugar o día 24 de febreiro de 2003, o Pleno da Corporación, logo de informe favorable da Dirección Xeral de Urbanismo, aprobou definitivamente a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento, consistente nun cambio da ocupación máxima para parcelas industriais dentro de polígonos delimitados nas NN.SS. como SAI, fixándoa no 70% en lugar do 60% actual, o que se expón ó público de acordo co disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do solo de Galicia.

Catoira, 25 de febreiro de 2003.

Alberto García García

Alcalde