Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.789

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 13 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación de resolución de arquivo da subvención dictada en relación ó expediente 36-G-0380/02 a nome de José Carlos Piñeiro Vázquez, devolto polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no domicilio do interesado sito na rúa Magnolio, núm. 5, 2º B (Ponteareas), o día 19-2-2003 ás 13.10 h, sen que esta se puidese practicar, notifícaselle a José Carlos Piñeiro Vázquez, a resolución do delegado provincial da CPTOPV, pola que se acorda o arquivo das actuacións sen máis trámite, que literalmente di:

«Transcorrido o prazo de dez días concedido, en cumprimento do previsto no artigo 72.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, por oficio número 12557 de data 22-11-2002, para a presentación de documentación, notifícaselle que, ante o seu incumprimento, procédese ó arquivo da subvención persoal amparada no expediente de referencia.

Contra a presente resolución que non esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da recepción da presente notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común».

Pontevedra, 13 de marzo de 2003.

José Manuel Iglesias Carrera

Delegado provincial de Pontevedra