Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.790

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

ANUNCIO do 5 de marzo de 2003 polo que se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia no expediente 15-2403/2001.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación personal por dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo delelgado provincial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Servicio Provincial do Instituto Galego de Consumo, con enderezo na praza Luís Seoane s/n (edificio administrativo Monelos, 2º andar, á norte) da Coruña, en horario das 9 ás 14 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 5 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial do Instituto Galego

de Consumo da Coruña

ANEXO

Expediente: 15-2403/2001.

Interesado: Vasco de Gama Promotions, S.A.

NIF/CIF: A-92063130.

Acto notificado: Resolución.

Importe: 601,01 euros.