Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.769

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (79/2002).

Nos autos de divorcio que se seguen neste xulgado co número 79/2002 entre Ramona Romero Olveira

contra Constantino Maneiro Piñeiro, nos que é parte o Ministerio Fiscal, dictouse sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia.

En Noia, 25 de febreiro de 2003.

Mª Elvira Gutiérrez Fernández, xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido, tendo vistos os presentes autos de xuízo de divorcio 79/2002 seguidos ante este xulgado entre Ramona Romero Olveira, maior de idade, representada polo procurador sr. Pena Abeijón e asistida do letrado sr. Sánchez Trigo e Constantino Maneiro Piñeiro rebelde, con intervención do Ministerio Fiscal.

Dictamino que estimando a demanda formulada polo procurador sr. Pena Abeijón en nome e representación de Ramona Romero Olveira debo declarar e declaro a disolución por divorcio do matrimonio contraído o 26 de febreiro de 1984 en Nebra, entre Ramona Romero Olveira e Constantino Maneiro Piñeiro, con tódolos efectos legais inherentes a tal declaración, establecendo como medidas reguladoras dos efectos da crise conxugal as seguintes:

a) Quedan revogados tódolos poderes e consentimentos que puideran terse outorgado entre si os esposos.

b) Asígnase a Ramona Romero Olveira a guarda e custodia dos dous fillos do matrimonio Javier e Silvia Maneiro Romero por ser menores de idade sen prexuízo do exercicio conxunto da patria potestade en canto ás decisións de interese extraordinario para os menores, exercéndose en canto ás cuestións ordinarias polo cónxuxe que en cada momento os tivera consigo.

c) Fíxase o seguinte réxime de visitas a favor do señor Maneiro Piñeiro.

-Poderá te-los seus fillos na súa compañía as fins de semana alternas desde as 11 horas do sábado ás 20 horas do domingo, debendo recollelos e devolvelos no domicilio familiar, sen impedi-lo desenvolvemento de actividades escolares ou formativas previamente programadas.

-Poderá ter consigo ós dous fillos nos períodos de vacacións escolares na forma seguinte: un mes no verán que será en xullo nos anos pares e en agosto nos anos impares, sete días en Nadal que en anos pares incluirán Noiteboa e Nadal e nos impares Noite Vella e Reis, e catro días en Semana Santa nos anos pares durante a primeira metade e nos impares durante a segunda.

d) Non procede realizar atribución do uso do fogar familiar.

e) Non se fixa pensión compensatoria ningunha.

f) Declárase a disolución da sociedade de gananciais.

g) Fíxase unha pensión de alimentos a cargo de Constantino Maneiro Piñeiro e a favor dos fillos de 260 euros para cada fillo, cantidade que o demandado fará efectiva mediante ingreso no número de conta bancaria que designe a demandante, actualizándose a dita suma anualmente por aplicación da variación do IPC. Así mesmo, o señor Maneiro Piñeiro sufragará o 50% de tódolos gastos extraordinarios que se produzan e se reputen necesarios para a adecuada educación e saúde dos fillos e non se encontren cubertos, se é o caso, polos seguros médicos.

Todo iso sen imposición de custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ó Rexistro Civil de Porto do Son para os efectos rexistrais oportunos.

Notifíquese esta resolución, da que se unirá certificación ás actuacións con inclusión do orixinal no libro de sentencias, con indicación de non ser firme por caber contra ela recurso de apelación a interpoñer, se é o caso, ante este xulgado e para a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Constantino Maneiro Piñeiro, en ignorado paradoiro e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o 11 de marzo de 2003.

A secretaria

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA