Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.769

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO OITO DE VIGO

EDICTO (340/2002).

José Luis Gutiérrez Martín, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, testemuño que nos autos de xuízo de desafiuzamento 340/2002 se dictou a seguinte resolución:

«Sentencia.

Vigo, 24 de setembro de 2002.

José Manuel Couñago Garrido, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia número oito dos de Vigo, viu estes autos de xuízo verbal de desafiuzamento 340/2002, entre os que son partes:

Demandante: María Amaro Martínez, o procurador Alberto Vidal Ruibal, asistida do seu letrado Ricardo Santoro Vidal.

Demandada: Elvira Ramírez Cerqueira.

Versa a litis sobre falta de pagamento de rendas da vivenda sita en Canceleiro, 9-2º A, Vigo.

Decido que estimando integramente a demanda interposta por María Amaro Martínez representada polo procurador Alberto Vidal Ruibal contra Elvira Ramírez Cerqueira, debo declarar e declaro a resolución do contrato de arrendamento que liga as partes, respecto da vivenda sita na rúa Canceleiro, 9-2º A Vigo, apercibíndoa de lanzamento se non desaloxa a vivenda dentro de termo establecido na lei, condenando a Elvira Ramírez Cerqueira, ás custas.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá prepararse no prazo de cinco días por medio de escrito presentado ante este xulgado, consonte o disposto no artigo 455 e seguintes da LAC, facéndolle saber ó recorrente do cumprimento do artigo 449.1º do mesmo precepto legal.

Así por esta miña sentencia pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, de xeito que sirva de notificación para Elvira Ramírez Cerqueira demandada que está en paradoiro descoñecido, expídese este edicto en Vigo, o 9 de xaneiro de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE NOIA