Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 14 de abril de 2003 Páx. 4.740

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

DECRETO 215/2003, do 3 de abril, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, que regula a concesión da Medalla de Galicia.

O elevado número de candidatos que se veñen propoñendo para a concesión da Medalla de Galicia por moi diversos sectores da sociedade galega, concorrendo en moitos deles méritos abondos para seren galardoados con tan importante distinción, fai necesario adapta-lo artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, ás novas circunstancias.

Polo tanto, por proposta do conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día tres de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo único.-Queda modificado o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, polo que se regula a concesión da Medalla de Galicia, dándoselle a redacción seguinte:

«Artigo 4º

Anualmente poderanse conceder como máximo tres medallas de Galicia na súa categoría de ouro, dez de prata e vinte de bronce. Non se computarán neste número as medallas de Galicia que se outorguen, se é o caso, por razóns de cortesía ou reciprocidade.

Tampouco se computarán no número de medallas sinaladas no parágrafo anterior as que sexan concedidas a institucións, fundacións, asociacións e persoas xurídicas ou morais en xeral».

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o Decreto 166/1995, do 16 de xuño, polo que se modifica o artigo 4 do Decreto 1/1991, do 11 de xaneiro, que regula a concesión da Medalla de Galicia.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA