Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 19 de marzo de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración, instalación e configuración da nova plataforma tecnolóxica da Deputación Provincial da Coruña (expediente 03/2091 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración, instalación e configuración da nova plataforma tecnolóxica da Deputación Provincial da Coruña (CPV 30020000-5).

Lugar de entrega: Deputación Provincial da Coruña.

Prazo de execución: tres meses.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 733.764 euros, IVE incluído ó 16%.

Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: 14.675,28 euros.

Garantía definitiva: o 4% do prezo de adxudicación do contrato.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas do día 9 de maio de 2003.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial das Comunidades Europeas: 19 de marzo de 2003.

A Coruña, 19 de marzo de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña