Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 2003 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración de máquinas, ferramentas e outros con destino ó Colexio Calvo Sotelo: departamentos de mecánica, madeira, artes gráficas e electricidade, e residencia (expediente 03/2372 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de máquinas, ferramentas e outros con destino ó Colexio Calvo Sotelo:

departamentos de mecánica, madeira, artes gráficas, e electricidade, e residencia.

Lugar de entrega: Colexio Calvo Sotelo.

Prazo de entrega: un mes.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 109.500 euros, desagregado en 7 lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n, 5º, 15003 A Coruña. Tel. 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite. Ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación en BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 2 de abril de 2003.

José Luis Torres Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña