Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

EDICTO.

O Pleno do Concello, en sesión ordinaria do 28-3-2003, aprobou a modificación do acordo do Pleno de data 27-12-2002 relativo á aprobación inicial do Plan Especial de Protección e Reforma Interior do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, nos seguintes termos:

«Suspensión do outorgamento de licencias:

1. Ámbito: queda suspendida a concesión de licencias en todo o ámbito delimitado polo Plan Especial de Protección e Reforma Interior do barrio de San Lázaro e do núcleo antigo de Verín, agás nos seguintes casos:

a) Licencias de apertura que non leven aparellada a realización de obras ou instalacións.

b) Licencias de reforma de obras menores.

c) Licencias de apertura que leven aparellada unha mínima obra de reforma ou instalación interior irrelevante en relación co que se debe protexer.

d) Licencias de reforma e apertura de obras maiores que non alteren os criterios e obxectivos previstos no plan especial aprobado inicialmente.

e) Os cambios de titularidade de licencias de apertura que non sexan incompatibles co planeamento aprobado.

f) Licencias de apertura con informes favorables, especialmente se son do órgano competente en materia de patrimonio histórico.

O posible outorgamento das licencias relacionadas máis arriba debe contar co visto e prace do equipo redactor e da Comisión de Patrimonio.

2. Prazo: ata a aprobación definitiva do PEPRI e, como máximo, un ano desde a súa aprobación inicial».

O que se fai público para os efectos oportunos.

Verín, 28 de marzo de 2003.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde