Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.731

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VALDOVIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, en sesión do 13 de febreiro de 2003, aprobou convenio urbanístico entre o Sepes e o propio concello, para o desenvolvemento dunha actuación industrial neste termo municipal.

Ó abeiro do artigo 237 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, ábrese trámite de información pública por prazo de vinte días para que os interesados poidan formula-las alegacións que estimen oportunas, significándolle que o texto íntegro do convenio se atopa á disposición deles nas oficinas municipais.

Valdoviño, 4 de abril de 2003.

José Antonio Rodríguez Fernández

Alcalde