Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TRABADA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno en sesión extraordinaria do 13-3-2003 aprobou os pregos de condicións económico-administrativas e técnicas para a contratación por concurso público con trámite de urxencia da asistencia técnica para a realización dos traballos de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal e Cartografía do Concello de Trabada, o que se expón ó público polo prazo de 8 días na secretaría do concello para efectos de exame e reclamacións, en horario de oficina.

O presente anuncio é un resumo dos elementos esenciais dos mesmos.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do R.D.L. 781/1986 anúnciase simultaneamente o prego de condicións do concurso e a contratación, se ben no suposto de formularse reclamacións aprazarase a contratación mentres non se resolvan polo órgano competente.

Os pregos de condicións en extenso poden ser obtidos na secretaría do concello en horario de oficina.

1. Entidade adxudicataria.

a) Organismo: Concello de Trabada.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto.

A adxudicación, formalización e desenvolvemento do contrato que ten por obxecto o traballo denominado PXOM e cartografía do Concello de Trabada.

3. Tipo de licitación.

Sesenta mil cento un euros e vinteún céntimos (60.101,21), IVE incluído, que poderá ser modificado á baixa.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

5. Garantía.

a) Provisional: excluída.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención documentación e información.

a) Entidade: Concello de Trabada.

b) Horario: de 9 a 14.30 horas de luns a venres.

c) Rúa do Concello, nº 15.

d) 27765 Trabada.

e) Teléfono: 982 13 50 11, fax: 982 13 52 57.

7. Presentación de ofertas.

a) Este anuncio publicarase no BOP e no DOG.

b) Data límite: 15 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do extracto no último boletín.

c) Lugar e xeito de presentación:

As proposicións presentaranse no Rexistro de Entrada do Concello de Trabada, en man, das 9 ás 14.30 horas, durante os quince días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP e no DOG. Tamén poderán presentarse por correo, e neste caso o interesado deberá acreditar, co xustificante correspondente, a data de imposición do envío na oficina de correos e anuncia-lo mesmo día, ata as 14 horas, ó Concello de Trabada, por fax o telegrama, a remisión da proposición. Sen cumprir tales requisitos non será admitida a proposición no caso en que se recibira fóra do prazo fixado no anuncio de licitación.

Non obstante transcorridos dez días naturais desde o remate do prazo de presentación, non será admitida ningunha proposición enviada por correo.

As proposicións constarán de dous sobres:

Sobre A: oferta.

Sobre B: de documentos.

8. Apertura de ofertas.

Dentro dos dez días hábiles seguintes ó do remate de presentación de ofertas e logo da convocatoria dos licitadores segundo a cláusula 10ª dos pregos.

9. Criterios de base para adxudicación.

Os recollidos na cláusula 11ª dos pregos.

Trabada, 31 de marzo de 2003.

José Manuel Yanes Ginzo

Alcalde