Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de poxa, por procedemento aberto, da concesión de bens de uso público municipal na alameda de Santiago de Compostela.

Obxecto do contrato: é a utilización de bens de uso público do Concello de Santiago de Compostela, que comprenden única e exclusivamente a zona de parque e paseos da alameda, para a instalación de barracas, carruseis e demais postos, elementos e xogos exclusivos e típicos de festa, durante as festas da Ascensión e do Apóstolo.

Tipo de licitación: a cantidade que o concesionario deberá aboar ó concello será de 108.000 euros IVE incluído como mínimo, realizándose as ofertas á alza.

Duración do contrato: desde o 15 de maio ata o 1 de xuño durante as festas da Ascensión e do 18 de xullo ó 3 de agosto durante as do Apóstolo.

Garantías. Fianza provisional: 3.005 euros. Fianza definitiva: 24.040,48 euros.

Prazo e lugar de presentación das proposicións: poderanse presentar no Rexistro Xeral do Concello de 9 a 14 horas en sobres pechados, coa documentación e requisitos esixidos no prego de condicións no prazo de oito días naturais contados a partir do día seguinte á data da derradeira das publicacións que corresponden facer no DOG e no BOP da Coruña.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello (Secretaría) ás 12 horas o día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Información e documentación: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Telf.: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde