Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.729

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1498/2001).

Anúnciase que o Pleno do Concello de Ourense en sesión extraordinaria do día 27 de marzo de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«O Pleno de Concello acordou, por unanimidade, amplia-lo prazo de suspensión do outorgamento de licencias acordada por acordo plenario do 14 de marzo de 2002, na forma prevista na nova lexislación vixente, artigo 77 da Lei 9/2002, do solo de Galicia.

Contra esta resolución do Pleno, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpor con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictou, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Contra a desestimación expresa do recurso de reposición, si se interpuxera, ou ben directamente contra esta resolución é potestativo a interposición do recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte da publicación deste anuncio.

Non obstante, o recurso indicado, poderán utilizarse outros que así o crean conveniente.

Este anuncio suple, en calquera caso, as circunstancias que puidesen concorrer no disposto no artigo 59, da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 9 de abril de 2003.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente