A División de Recursos Económicos, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, do Servicio Galego de Saúde, convoca o seguinte concurso público:
1. Nome e dirección do órgano de contratación : División de Recursos Económicos, edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 27 61, fax 981 54 27 62.
2.a) Modalidade de adxudicación: concurso público mediante procedemento aberto.
b) Contido do contrato obxecto de licitación: reforma e ampliación de unidades ambulatorias no hospital do Meixoeiro por un importe de 10.749.284 A (IVE incluído).
3.a) Lugar de execución: Vigo.
b) Natureza e alcance das prestacións, características xerais da obra: obras de reforma e ampliación.
c) División en lotes: non.
d) Elaboración de proxectos: non.
4. Prazo de execución: 42 meses.
5.a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse o prego de condicións e os documentos complementarios: División de Recursos Económicos do Sergas. Servicio de Xestión, teléfono 981 54 18 38.
Copias formato dixital (CD): Copy Estudio, Tfno.: 981 59 33 85.
Tórculo, Tfno.: 981 58 54 55.
Copi Belén, Tfno.: 981 59 99 24.
Copias en papel DIN A-1: Copy Estudio: 981 59 33 85.
6.a) Data límite de recepción de ofertas: 9 de maio de 2003.
b) Enderezo ó que deben enviarse as ofertas: rexistro xeral da Consellería de Sanidade/Sergas, edificio administrativo San Lázaro, en Santiago de Compostela (A Coruña).
c) Lingua o linguas en que deben redactarse as ofertas: castelán e/ou galego.
7.a) Se é o caso, persoas admitidas a asistir á apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar de apertura das ofertas: 20 de maio de 2003 a partir das 9 horas na sala de xuntas da División de Recursos Económicos do Sergas - San Lázaro - Santiago de Compostela (A Coruña).
8. Garantías esixidas.
Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación.
Garantía definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.
Constituiranse segundo o disposto no artigo 36 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
9. Modalidades básicas de financiamento e de pagamento : ver prego de cláusulas administrativas particulares.
Anualidades:
2003: 1.000.000 A.
2004: 3.500.000 A.
2005: 5.500.000 A.
2006: 749.284 A.
10. Se é o caso, forma xurídica que deberá adopta-la unión de empresarios adxudicatario do contrato: as unións de empresarios poderán participar neste concurso nos termos previstos no artigo 24 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.
11. Condicións mínimas de carácter económico e técnico ás que deberá axustarse o contratista: as condicións que se establecen no prego de cláusulas administrativas particulares
Grupo C, subgrupo todos, categoría e.
Grupo I, subgrupo 5/6, categoría d.
Grupo J, subgrupo 2, categoría d.
12. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: durante 3 meses, desde a data de apertura das proposicións.
13. Criterios de adxudicación do contrato: os que se establecen na cláusula 6.3 do prego de cláusulas administrativas particulares.
14. Variantes: non se admitirán.
15. Información complementaria: calquera outra información solicitarase ó Servicio de Xestión. Subdirección Xeral de Investimentos. División de Recursos Económicos do Sergas. Telf. 981 54 18 38.
16. Data de publicación no DOCE do anuncio de información previa:
17. Data de envío do anuncio: 18 de marzo de 2003.
18. Data de recepción do anuncio pola oficina de publicacións oficiais das comunidades europeas (reservado á OPOCE).
Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Director xeral da División de Recursos
Económicos