Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.724

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións da adquisición de equipamento de alta tecnoloxía con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia, (3 lotes). (SCS.-30/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos

das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

*Adquisición de equipamento de alta tecnoloxía con destino a diversos hospitais da Comunidade Autónoma de Galicia (tres lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-30/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento.

c) Lote: tres lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 160, do 21 de agosto de 2002, BOE nº 211, do 3 de setembro de 2002, e DOCE S164, do 24 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: un millón novecentos noventa e un mil euros, IVE incluído (1.991.000 euros); desagrégase en dúas anualidades:

Ano 2002: 295.000 euros.

Ano 2003: 1.696.000 euros.

LoteDescriciónAnualidade

2002

Anualidade

2003

1TAC espiral multicorte, somatón sensatión 4.816.000 A

2Telemando dixital, iconos R 200-45.585.000 A

3Tórax dixital, vertix FD.295.000 A295.000 A

Adxudicacións:

Lote nº 1: TAC espiral milticorte, somaton sensatión 4.

Lote nº 2: telemando dixital, iconos.

Lote nº 3: tórax dixital, vertix FD.

a) Data: 18 de decembro de 2002.

b) Contratista: Siemens, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: lotes, 1, 2 e 3 (conxunta nº 2), por un importe de douscentos noventa e cinco mil euros para o ano 2002, e un importe dun millón seiscentos noventa e seis mil euros para o

ano 2003 (importe total 1.991.000 euros, IVE incluído).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativo.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2003.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos