Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.723

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a relación da adxudicación definitiva da contratación de subministracións da adquisición de equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia, (7 lotes). (SCS.-27/2002).

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlles publicidade ás adxudicacións das seguintes contratacións.

*Adquisición de equipamento con destino a diversos centros de saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (sete lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-27/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición de equipamento.

c) Lote: sete lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 147, do 1 de agosto de 2002, BOE nº 195, do 15 de agosto de 2002, e DOCE S152, do 7 de agosto de 2002.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Orzamento total: un millón cento oitenta e dous mil seis euros, IVE incluído (1.182.006 euros); desagrégase en dúas anualidades:

Ano 2002: 129.094 euros.

Ano 2003: 1.052.912 euros.

LoteDescriciónAnualidade 2002Anualidade 2003

1Mobiliario xeral16.758 A250.295 A

2Cadeiras7.620 A191.403 A

3Mobiliario clínico12.453 A167.696 A

4Aparellos sanitarios33.333 A335.898 A

5Autoclaves3.305 A29.745 A

6Desfibriladores37.575 A52.605 A

7Electrocardiógrafos18.050 A25.270 A

Adxudicacións:

Lote nº 1 (variante 1): mobiliario xeral.

Lote nº 2 (oferta base): cadeiras.

a) Data : 19 de novembro de 2002.

b) Contratista: Tecam Oficinas, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: dezanove mil oitocentos setenta e dous euros con oitenta céntimos para o ano 2002, e trescentos cincuenta e sete mil oitocentos oitenta e sete euros con noventa céntimos para o ano 2003, (377.760,70 A, IVE incluído).

Lote nº 3: mobiliario clínico.

a) Data: 19 de novembro de 2002.

b) Contratista: Keiner, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: nove mil catrocentos oitenta e nove euros con trinta e oito céntimos para o ano 2002, e cento vintetrés mil un con cincuenta e un céntimos para o ano 2003 (132.490,89 A, IVE incluído).

Lote nº 4: aparellos sanitarios.

a) Data: 19 de novembro de 2002.

b) Contratista: Boente, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: vinteseis mil novecentos vintedous mil euros con sesenta céntimos para o ano 2002, e douscentos sesenta e tres mil cento oitenta euros con sesenta céntimos para o ano 2003 (293.103,25 A, IVE incluído).

Lote nº 5: autoclaves.

a) Data : 19 de novembro de 2002.

b) Contratista: Antonio Matachana, S.A.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: dous mil novecentos sesenta e tres euros con noventa céntimos para o ano 2002, e vinteseis mil seiscentos setenta e cinco euros con dez céntimos para o ano 2003 (29.639 A, IVE incluído).

Lote nº 6: (variante 1) desfibriladores.

a) Data : 19 de novembro de 2002.

b) Contratista: Suministros Galeno, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: trinta e sete mil cincocentos setenta e cinco euros para o ano 2002, e cincuenta e dous mil seiscentos cinco euros, (90.180 A, IVE incluído).

Lote nº 7: electrocardiógrafos.

a) Data : 19 de novembro de 2002.

b) Contratista: Tecnomed 2000, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación: dezaoito mil cincuenta euros para o ano 2002, e vintecinco mil duascentas setenta euros para o ano 2003. (43.320 A, IVE incluído).

En cumprimento do disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible do recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2003.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos