Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.726

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

VALEDOR DO POBO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e mediante concurso público, para a prestación dun servicio de mantemento, conservación e limpeza do edificio sede do Valedor do Pobo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Valedor do Pobo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Valedor do Pobo.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de mantemento, conservación e limpeza do edificio sede do Valedor do Pobo.

b) División por lotes e número: non leva.

c) Lugar de execución: o edificio sede do Valedor do Pobo.

d) Prazo de execución: dous anos contados desde o día 1 de xuño de 2003 (incluído).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 112.000 euros anuais, IVE incluído.

5. Garantía provisional.

A sinalada no punto 6 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Valedor do Pobo.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 65.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

d) Teléfonos: 981 56 97 55 /56 97 40.

e) Telefax: 981 57 23 35.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a mesma que para a presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación.

Orde do Ministerio de Facenda, do 24 de novembro de 1982, modificada pola Orde do 30 de xaneiro de 1991:

Categoría: A.

Grupo: III.

Subgrupos: 6 e 7.

Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas:

Categoría: A.

Grupo: P.

Subgrupos 1, 2, 3 e 5.

Categoría: A.

Grupo: U.

Subgrupo: 1.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación das ofertas: o prazo de presentación de ofertas rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da data da publicación deste anuncio no Diario Ofiacial de Galicia, agás que fose sábado ou día inhábil, caso no que se trasladará ó primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: rexistro xeral do Valedor do Pobo.

2. Domicilio: r/ Hórreo, 65.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15700.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade e lugar: Valedor do Pobo. Sala de xuntas.

b) Domicilio: r/ Hórreo, 65.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: a apertura das proposicións económicas terá lugar o décimo día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos do anuncio.

Serán por conta do adxudicatario.

11. Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.valedordopobo.com.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2003.

José Ramón Vázquez Sandes

Valedor do Pobo