De conformidade co disposto nas bases IV e V da convocatoria para o ingreso na escala de enxeñeiros de industriais, levada a efecto pola Orde do 8 de outubro de 2001 (DOG nº 199, do 15 de outubro), e remitida pola Dirección Xeral da Función Pública a proposta de aspirantes que superaron o proceso selectivo, elevada polo correspondente tribunal, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Elevar a definitiva a proposta do tribunal dos aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A), que se publica como anexo a esta orde.
Segundo.-Os aspirantes que constan no dito anexo deberán remitir, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, á Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os documentos ós que se refire a base V.1 da orde da convocatoria.
Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo,
recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante a Sala
do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo os artigos 8.2º e 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.
Santiago de Compostela, 4 de abril de 2003.
Jaime Pita Varela
Conselleiro da Presidencia, Relacións
Institucionais e Administración Pública
ANEXO
Relación definitiva de aspirantes que superaron o proceso selectivo
para o ingreso na escala de enxeñeiros industriais do
corpo facultativo superior da Xunta de Galicia (grupo A)
Acceso libre
DNI Primeiro apelido Segundo apelido Nome Ex.1º Ex.2º Ex.3º Ex.4º Concurso Nota final
33308290-N Pereira Castelo Guillermo José 14,13 19,67 Exento 8,50 13,80 56,10
33314330-A Vázquez Leirado José Manuel 12,93 15,73 Exento 8,50 0 37,16
32663575-X Sánchez López Fernando Manuel 15,00 15,67 Exento 6,00 0,20 36,87