Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 11 de abril de 2003 Páx. 4.689

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, pola que anula unha pregunta e se corrixen as respostas doutras seis, todas elas pertencentes ó primeiro exercicio (test) do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 31 de marzo de 2003, o tribunal designado pola Orde do 27 de novembro de 2002 para xulga-lo proceso selectivo para acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de subinspección pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001,

ACORDOU:

Anula-la pregunta nº 63 do primeiro exercicio da fase de oposición (acceso libre), por non ser correcta a súa formulación.

Corrixi-lo modelo de respostas válidas publicado polo tribunal no que respecta á pregunta nº 12 (acceso libre), na que a resposta correcta é c) en lugar de a); a pregunta nº 47 (acceso libre) na que a resposta correcta é b) en lugar de c); a pregunta nº 76 (acceso libre na que a resposta correcta é d) en lugar de b); a pregunta nº 42 (promoción interna) na que a resposta correcta é a) en lugar de b); a pregunta nº 48 (promoción interna) na que a resposta correcta é b) en lugar da a); a pregunta nº 32 (promoción interna) na que a resposta correcta é d) en lugar de b).

Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2003.

Sergio Peñamaría Ramón

Secretario do tribunal

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO