Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.650

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

XUNTA DE CASTELA E LEÓN

ANUNCIO do 24 de febreiro de 2003, da Oficina Territorial de Traballo de Valladolid, polo que se lle comunica á empresa Aníbal Prada Pérez a resolución da acta da infracción 354/2002, en relación ó expediente sancionador de seguridade e hixiene 666/2002.

Tendo resultado infructuosas as xestións realizadas para notificar a:

Nome e domicilio: Aníbal Prada Pérez, rúa da Coruña, 27, O Barco de Valdeorras (Ourense).

Nº de expediente: 354/2002.

Nº de acta: 666/2002.

Cantidade: 1.502,54.

Procédese, de conformidade co disposto no parágrafo 4 do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, á notificación da resolución dictada polo xefe da Oficina Territorial de Traballo no expediente 354/2002, mediante a inserción deste anuncio no Boletín Oficial de Castilla y León, e a exposición del no taboleiro de edictos do concello do seu último domicilio.

Para o coñecemento do texto íntegro do acto que se notifica e constancia de tal coñecemento, o interesado poderá comparecer, no prazo máximo de 10 días a contados desde a publicación deste anuncio, na Oficina Territorial de Traballo da Xunta de Castilla y León, sita na rúa Santuario, nº 6 (Sección de Sancións) de Valladolid.

Contra a citada resolución, o interesado poderá interpoñer recurso de alzada ante o delegado territorial da Xunta de Castilla y León, de acordo co establecido no artigo 23 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, e artigos 107.1º e 114 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo dun mes, computándose de data a data e contándose a partir do día desta publicación, entendéndose prorrogado ó primeiro día hábil seguinte cando o último día do prazo sexa inhábil.

Advírtese que, de non ser interposto este en tempo e forma, haberá de aboa-la sanción imposta, ingresando o seu importe na conta da Oficina Territorial de Traballo número 0182 5579 84 0200300085 aberta en BBVA Instituc.-Castilla, de Valladolid, no prazo dun mes. Noutro caso, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, de conformidade co disposto no artigo 3.3º do Decreto 235/1986, do 23 de decembro, polo que se dictan normas en materia de xestión, recadación e contabilidade de taxas e outros dereitos non tributarios no ámbito da Comunidade de Castilla y León (BOC e L).

Valladolid, 24 de febreiro de 2003.

Francisco J. Bravo Ayala

Xefe da Oficina Territorial de Traballo de Valladolid