Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.650

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

EDICTO.

O Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, na sesión celebrada o día 28 de febreiro de 2003, por proposta do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (Oral), adoptou por unanimidade, entre outros acordos, o de aceptar, de conformidade co previsto no artigo 7.2º da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, a delegación que en materia de xestión, liquidación, inspección e recadación de recursos locais, realizou, seguindo o establecido nos artigos 106.3º da Lei 7/1985, do 3 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 7 da citada Lei 39/1988, na Deputación Provincial de Pontevedra-Oral, o Concello de Cotobade, no que respecta á taxa por recollida de residuos sólidos urbanos.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Pontevedra, 6 de marzo de 2003.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado