Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 27 de febreiro 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o acordo de inicio do procedemento de reintegro das axudas a cooperativas e sociedades laborais do expediente administrativo FM Reint. 2002/52-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novem

bro de 1992), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/52-5.

Expediente de xestión: FM 341B 1998/10-5.

Orde de convocatoria: 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Interesado: Centro de Estudios Santiago, S.L.L.

Enderezo: Carmen, 17 B-36210 Vigo (Pontevedra).

Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, do 20 de xaneiro de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-1998.

Acordo: comprobada por esta delegación provincial, ó abeiro do artigo 37 da Orde do 27 de abril de 1998 (DOG nº 82, do 30 de abril), reguladora das axudas para o fomento da economía social, para o emprego autónomo e a integración laboral das persoas con discapacidade, para o exercicio de 1998, o cesamento de actividades da sociedade no I.A.E.

ACORDO:

1. Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de novembro), o procedemento de reintegro da subvención concedida pola asistencia técnica.

2. Dar trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Centro de Estudios Santiago, S.L.L., un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que estime pertinentes.

Vigo, 20 de xaneiro de 2002. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 27 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra