De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado
do acordo de inicio do procedemento de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido nas ordes do 12-2-1999 (DOG nº 34, do 19 de febreiro) e do 4-2-2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro), publícase:
1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/54-5.
Expediente de xestión: FM 341B 1999/31-5.
FM 341B 2000/8-5.
Orde de convocatoria: 12-2-1999 (DOG nº 34, do 19 de febreiro) e 4-2-2000 (DOG nº 33, do 17 de febreiro).
Interesado: Gufeco, S.C.
Enderezo: Soto y Vázquez, 43 B-36590 Vila de Cruces (Pontevedra).
Asunto: acordo de inicio do procedemento de reintegro por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, con data do 20 de xaneiro de 2002, ó abeiro das ordes do 10-2-1999 e 4-2-2000.
Acordo: comprobada por esta delegación provincial, ó abeiro das ordes do 12 de febreiro de 1999 e 4 de febreiro de 2000, reguladoras das axudas para o fomento da economía social, para o emprego autónomo e a integración laboral das persoas con discapacidade, para os exercicios de 1999 e 2000, o cesamento de actividades da sociedade no I.A.E.
ACORDO:
1. Iniciar, en exercicio da competencia atribuída polo artigo 20.2 º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro (DOG do 11 de novembro), o procedemento de reintegro da subvención concedida pola Incorporación de socios traballadores.
2. Dar trámite de audiencia ó interesado, concedendo a Crufeco, S.C., un prazo de 10 días hábiles para formula-las alegacións e achega-los documentos que estime pertinentes.
Vigo, 20 de xaneiro de 2002. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.
Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.
Vigo, 27 de febreiro de 2003.
Joaquín Macías Sánchez
Delegado provincial de Pontevedra