Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

CÉDULA do 27 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución de reintegro das axudas a cooperativas e sociedades laborais do expediente administrativo FM Reint. 2002/53-5.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro de 1992), e non sendo posible a práctica da notificación no domicilio sinalado polo interesado da resolución de reintegro da subvención do expediente administrativo, consonte o establecido na Orde do 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril), publícase:

1. Expediente de reintegro: FM Reint. 2002/53-5.

Expediente de xestión: FM 341B 1998/12-5.

Orde de convocatoria: 27-4-1998 (DOG nº 82, do 30 de abril).

Interesado: Cafés El Boletín, S.L.L.

Enderezo: Eduardo Pondal, 40 baixo-36003 Pontevedra.

Asunto: resolución de reintegro por delegación do delegado provincial da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, de data do 3 de setembro de 2002, ó abeiro da Orde do 27-4-1998.

Resolución.

Antecedentes.

1. O cesamento na actividade subvencionada (31-8-2000) motivou o inicio do procedemento de reintegro das axudas recibidas.

2. O interesado presentou alegacións (19-6-2002) no trámite de audiencia.

Fundamentos.

I. O artigo 37 da Orde do 27 de abril de 1998 (DOG do 30 de abril), reguladora das axudas para o fomento da economía social, para o emprego autónomo e a integración laboral das persoas con discapacidade, obriga ó beneficiario a realiza-la actividade que fundamente a concesión das axudas por un prazo mínimo de tres anos, agás que acredite fidedignamente o cesamento por causas alleas á súa vontade.

II. A disposición adicional segunda da citada orde determina a revogación e o reintegro da axuda por parte do beneficiario, así como a esixencia do xuro de demora, nos casos e termos previstos no artigo 78 do texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro (DOG do 5 de novembro).

III. As alegacións presentadas carecen de relevancia para desvirtua-las consecuencias previstas pola normativa reguladora das axudas no caso de incumprimento das obrigas por parte do beneficiario. Nin os cambios no órgano de administración nin na transformación na forma xurídica da sociedade alteran os devanditos efectos, motivados pola desaparición dunha condición determinante da concesión das axudas: a específica forma xurídica da empresa de economía social titular da actividade.

En virtude do exposto e ó abeiro da competencia atribuída polo artigo 20.2º do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, (DOG do 11 de decembro) polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

RESOLVO:

Declara-la procedencia do reintegro por parte de Cafés El boletín, S.L.L. da cantidade de 631,06 euros (105.000 pesetas) concedida na resolución desta delegación provincial do 24-11-1998, en concepto de subvención financeira.

Os órganos competentes da Consellería de Economía e Facenda notificaranlle oportunamente o lugar, a forma e o prazo do ingreso na referida can

tidade, así como a liquidación dos correspondentes xuros de demora, de conformidade coa Orde do 21 de xullo de 1998 (DOG do 7 de agosto).

Contra esta resolución o interesado poderá interpoñer, ó abeiro dos artigos 107.1, 114 e 115 de Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), recurso de alzada ante a conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, no prazo dun mes desde o día seguinte ó desta notificación.

Vigo, 3 de setembro de 2002. P.D. Asdo.: Joaquín Macías Sánchez. Delegado provincial.

Os correspondentes expedientes constan no Servicio de Emprego da Delegación Provincial da Consellería de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais en Vigo.

Vigo, 27 de febreiro de 2003.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra