Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.628

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 19 de decembro de 2002, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, pola que se fai pública a clasificación do monte Montes de Covas, a favor dos veciños do lugar de Covas, no concello dos Blancos (Ourense).

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense acordou, na sesión que tivo lugar o dezaoito de decembro de dous mil dous, adopta-lo seguinte acordo:

Visto o expediente de clasificación do monte como veciñal en man común coa denominación de Montes de Covas, por solicitude dos veciños do lugar de Covas, do concello dos Blancos (Ourense).

Resultando que con data 14 de xaneiro de 2000, tivo entrada, no rexistro da delegación provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense, escrito dirixido ó Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común asinado polos veciños do lugar de Covas, Concello dos Blancos (Ourense), no que solicita que se declare o monte Monte de Covas, como veciñal en man común.

Que con data 5 de maio de 2000 os veciños do lugar de Covas, que promoven a clasificación do citado monte, presentan novo mapa co linde do monte dos veciños de Fonte Arcada corrixido respecto do que figura na solicitude.

Resultando que o xurado provincial, en sesión celebrada o 18 de maio de 2000, acordou tomar en consideración o citado escrito e inicia-lo expediente de clasificación do monte designando instructores del a Manuel Bouzas Costa e Miriam Areal López, que aceptaron tal cargo, librándose mandamento para a anotación preventiva no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, e remitíndose comu

nicacións dirixidas ós veciños do lugar de Covas, ó presidente da Deputación Provincial de Ourense, ó alcalde do Concello dos Blancos, á delegación provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, á Xerencia Territorial do Catastro, ó sefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais (Consellería de Medio Ambiente), e á delegación provincial da Consellería Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria, publicándose edictos no taboleiro de anuncios do Concello dos Blancos, durante o prazo dun mes segundo consta en dilixencia estendida ó dorso do edicto polo secretario do citado concello e no Diario Oficial de Galicia, para que durante o prazo sinalado en edictos os interesados puidesen comparecer ou intervir nel, en defensa dos seus dereitos, e non consta presentada ningunha alegación.

Resultando que a anotación preventiva de iniciación do expediente se practicou no Rexistro da Propiedade de Xinzo de Limia, como segue:

«Anotación preventiva letra A do predio rexistral 7.383, ó folio 91, do tomo 679, libro 33 dos Blancos».

Resultando que en data 5 de maio de 2000, a comisión de veciños promotora da clasificación presenta escrito de corrección de erro do seguinte xeito: no linde co monte dos veciños de Fonte Arcada e Mosteiro, na zona denominada Esperón, o linde vai desde a Fonte da Cunca e continúa polo regato que recolle a auga que mana desta fonte.

Resultando que na tramitación do expediente cumprironse tódalas formalidades legais.

Considerando que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común ten xurisdicción e competencia para coñece-los expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter a teor do establecido no artigo 9 da citada lei.

Considerando que o tipo de comunidade xermánica que institúe a Lei de montes veciñais en man común ten como características esenciais as seguintes:

1) Que os condominios se unen por vínculos persoais de veciñanza agrupados en parroquias, aldeas, lugares, casaríos ou barrios non constituídos formalmente en entidades municipais;

2) Que polo tanto o número de titulares é variable e indeterminado;

3) Que o patrimonio colectivo é utilizado e aproveitado polo veciño, en canto membro da agrupación veciñal, faltando a idea de cota no sentido xurídico-romano;

4) Que o patrimonio e a participación é inalleable, imprescritible e inembargable; e

5) Que a comunidade é indivisible, non podendo os comuneiros pedi-la actio communi dividundo.

Considerando que segundo informacións e testemuños resulta que os montes citados son aproveitados e posuídos en réxime de comunidade xermá

nica polos veciños do lugar de Coval, no concello dos Blancos (Ourense).

Os datos do citado monte son os que se referencian na parte dispositiva deste acordo.

Considerando que das informacións recollidas resulta que os veciños do lugar de Covas están conformes coa clasificación do citado monte como veciñal en man común.

Considerando que a teor do disposto na Lei de montes veciñais en man común, o expediente de clasificación se iniciou por acordo do xurado, por instancia dos veciños do lugar de Covas, para que este xurado puidese acorda-la iniciación do expediente de clasificación.

Vista a Lei galega 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común e o seu Regulamento, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro , así como o establecido na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992.

Visto o Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, á vista dos antecedentes e fundamentos expostos e por unanimidade dos seus membros,

ACORDA:

Primeiro.-Clasifica- lo monte coa denominación de Montes de Covas, de 326,302 ha, aproximadamente en conxunto de superficie a favor dos veciños do lugar de Covas, parroquia de Covas no concello dos Blancos (Ourense), e cos datos que a seguir se relacionan, coma veciñal en man común, en réxime de comunidade xermánica.

Os datos do citado monte son:

Concello: Os Blancos (Ourense).

Denominación: Montes de Covas.

Comunidade propietaria: lugar de Covas (parroquia de Covas).

Superficie: 326,302 ha, aproximadamente.

Estremas.

Norte: Teresa Vázquez Lorenzo, Sergio Gil Gómez, comunal dos veciños de Aguis, Severo Gil Gíaz, Delmiro Gil Díaz, Francisco López Martínez e irmáns, Irene Rodríguez Araújo, Francisco Penín Rodríguez, Francisco Gómez Gómez, Maximino Fernández Barrio, Domingo Trigo Álvarez e irmáns, Rosa García García, Jesús Olmos Barrio, Andrés Barrio Feijoó, Delfín Castro Pena, Delfín Gómez Molinos, Manuel Molinos Campos, Marcial Rodríguez, e outros, regato de Porta da Veiga, e monte dos veciños de Fonte Arcada, Os Blancos e Mosteiro -Esperón, Serra Ladeira e O Viso- e vai desde a Fonte da Cunca e continúa polo regato que recolle a auga que mana

desta fonte, e o monte veciñal dos veciños de Pixeiros vai desde a parcela coa referencia catastral 1.020 do polígono 46, na revolta da atallada en liña recta ó Penedo do Escaño e desde aquí en liña recta a esquina onde enlaza unha atallada-que deslinda predios particulares co monte Asperón co camiño que baixa cara a Fonte Arcada.

Sur: termo de Baltar (Ourense).

Leste: Pura Casares Pérez, Agustín García Pérez, José Benito García Pérez, Urbano Penín Araújo, José Rodríguez Fernández, herdeiros Casimiro Pena Araújo, María Cota Lama, camiño, Emilio Barrio Díaz, Antonio Pena Araújo, Hermesinda Cota Peaguda, Maximino Fernández Barrio, Dolores Trigo Trigo, María Benita Cuquejo Pérez, Adolfo Cuquejo Pérez, Hortensia Sotelo Lamas, herdeiros Teófilo Rodríguez, Ovidio Barrio Díaz, Rosa Rodríguez Sueiro, Servando Pena Casares, José Rodríguez Díaz, herdeiros María Sotelo, Modesto Moure Pena, Gumersindo Cuquejo Arias, Manuel Pérez González, herdeiros de Benedicta Fernández, José María Cuquejo Arias, Aurea Pena Araújo, Anuncia Salgado Díaz, herdeiros de Teófilo Rodríguez, Manuel Vidal e outros, camiño, termo de Baltar, e monte cos veciños de Penalonga que vai desde a esquina que forma o peche das leiras 160 e 161 do polígono 44, en liña recta, con dirección oeste ata o marco Cruz do Castelo (cruz en peneda, sita ó pé do que os veciños denominan Peneda da

Raíña Loba) e continúa á Cruz da Fonte da Cicha (cruz en peneda sita á beira dun pequeno regato a uns 80 m ó oeste da Fonte da Cicha)

Oeste: termo de Baltar.

Segundo.-Que se proceda á exclusión do citado monte de calquera inventario, catálogo ou rexistro público no que poidan figurar inscritos a favor de persoa ou entidade distinta á que agora se asigna a súa pertenza.

Notifíquese esta resolución ó alcalde-presidente do Concello dos Blancos, ós representantes da comunidade veciñal, ó Servicio de Montes e Industrias Forestais (Consellería de Medio Ambiente), ós que se lles fará saber que esta resolución, que pon fin á vía administrativa, pode ser obxecto de recurso de reposición potestativo perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses, ámbolos dous prazos a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia (artigos 109 e 116 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.)

O que por orde do presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común se fai público no Diario Oficial de Galicia, para xeral coñecemento.

Ourense, 19 de decembro de 2002.

Miriam Areal López

Secretaria do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense

Visto e prace

Agustín Prado Verdeal

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Ourense