Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 10 de abril de 2003 Páx. 4.612

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (938/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 938/2002 seguidos por instancia de Marta María Arnaiz Fonte e outros contra W.S.I. Coruña, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 28 de febreiro de 2003 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Que estimando a demanda formulada por Marta María Arnaiz Fonte, Raquel Iglesias Rumbo, Antonia Rivas Otero e Manuel María Méndez López, declaro a improcedencia dos seus despedimentos e debido a situación de desaparecida da empresa declaro a extinción do contrato de traballo na data desta, resolución, e condeno a empresa W.S.I. Coruña, S.L. a que lles indemnice coa cantidade de 7.135,55 euros á sra. Arnaiz Fonte, 4.723,57 euros á sra. Iglesias Rumbo, 5.377,50 euros á sra. Rivas Otero, e 1.814,77 euros ó sr. Méndez López, así como a aboar en concepto de salarios de tramitación para o suposto de readmisión a cantidade de 2.990,57 euros á sra. Arnaiz Fonte, 2.893,17 euros á sra. Iglesias Rumbo, 2.973,27 euros á sra. Rivas Otero, e 4.331,84 euros ó sr. Méndez López.

Notifíquese esta resolución as partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este xulgado do social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte da súa notificación.

Previndo á empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingreso na c/c de consignacións código 5604.0000.60 938.2002 de Banesto desta cidade denominada «Conta do Xulgado do Social número Tres» o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa W.S.I. Coruña, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 6 de marzo de 2003.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA